Pasar al contenido principal

Profesionais da xustiza profundan nos procesos de xustiza sostible para as familias

A xornada celebrarase en Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite
A xornada celebrarase en Psicoloxía. FOTO: Santi Alvite
Unha xornada en Psicoloxía abordará cuestións relacionadas coa audiencia de persoas menores, a proba pericial psicolóxica ou o diálogo entre os profesionais implicados nestes procesos

O grupo de investigación Unidade de Psicoloxía Forense da USC organiza este venres 25 a primeira xornada Seminario Xustiza sostible para as familias, un encontro que reúne periodicamente a profesionais (operadores xurídicos e auxiliares da xustiza) para abordar temas relacionados con este ámbito. Por vez primeira, o seminario celébrase fóra de Cataluña, onde o coordina dende hai varios anos o maxistrado Xavier Abel, do Xulgado de Primeira Instancia nº 14 de Barcelona e no que participan as investigadoras da Unidade de Psicoloxía Forense da USC, Mercedes Novo e Dolores Seijo, da propia USC, e Francisca Fariña da UVigo.

O programa do encontro comezará cunha mesa redonda que busca definir un protocolo de boas prácticas na audiencia de persoas menores de idade e continuará debatendo sobre cuestións controvertidas sobre a proba pericial psicolóxica, concluíndo cunha mesa sobre o diálogo entre xuíces/as e profesionais da avogacía e da psicoloxía. A participación neste xornada é gratuíta e está aberta ao público interesado, previa inscrición que permitirá poder certificar a asistencia. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2024.