Pasar al contenido principal

A presenza de elementos tóxicos en cereais de Kazajistán centra a primeira tese feita por unha kazaja no Campus Terra da USC

Damira Tattibayeva, entre Graciela Nebot e Carlos Franco, na Facultade de Veterinaria
Damira Tattibayeva, entre Graciela Nebot e Carlos Franco, na Facultade de Veterinaria
A investigación de doutoramento ralizada por Damira Tattibayeva e dirixida por Carlos Franco e Graciela Nebot supón un estudo pioneiro sobre metais pesados e aflatoxinas en cereais en Kazajistán

O estudo sobre a presenza de elementos tóxicos e micotoxinas en cereais en Kazajistán centra a temática da tese de doutoramento que vén de presentar na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC Damira Tattibayeda, unha investigadora asiática chegada a Lugo a través dunha bolsa do programa Eramus Mundus e que se converte na primeira kazaja que acada o título de doutoramento no Campus Terra da USC.

O obxectivo da investigación de doutoramento realizada por Damira Tattibayeda baixo a dirección dos profesores Carlos Franco Abuín e Graciela Nebot García, pasa por estudar e cuantificar a presenza e os niveis de varios contaminantes en cereais cultivados en Kazajistán, un país no que ata a data non se acometera ningún ou, cando menos, non se publicara ningunha investigación sobre a presenza e concentración de metais pesados e aflatoxionas en cereais.

A pertinencia deste tipo de estudos é se cabe maior en kazajistán, dada a grande riqueza mineira que acubilla esta república. Daquela, segundo sinala esta investigadora, é posible que a explotación dos recursos mineiros neste extenso país de 2,7 millóns de quilómetros cadrados se traduzan en contaminación tanto de metais tóxicos como o cadmio ou o chumbo, como por outro tipo de metais, como co vanadio, cuxa concentración tamén podería chegar a deparar niveis de toxicidade.

Damira Tattibayeva acometeu na súa tese de doutoramento un estudo do arroz producido na provincia kazaja de Kyzylorda, localizada ao Sur do país, unha rexión localizada preto do mar de Aral e do Cosmódromo de Kyzylorda tradicionalmente considerada moi contaminada. Os resultados das pescudas realizadas reflicten que o arroz integral presenta niveis de contaminación relativamente altos tanto en metais tóxicos como noutros elementos esenciais. A contaminación neste tipo de arroz por metais pesados foi máis alta que a apreciada no arroz branco.

De feito, na investigación atopáronse de xeito específico algunhas mostras de arroz con altos niveis de arsénico inorgánico, por riva dos niveis máximos que marca a FAO. Tattibayeva tamén estudou na súa tese a concentración de metais pesados en arroz blanco cultivado en Kazajistán, Portugal e España, para logo calcular a inxesta media de metais tóxicos por parte da poboación. Dacordo con este estudo comparativo e dado o maior consumo de arroz que rexistra Portugal en relación con España e Kazajistán, a investigación conclúe que a poboación portuguesa acada unhas taxas de exposición a certos elementos maior que a que se rexistra en España ou en Kazajistán.

A investigadora kazaja tamén estudou os metais pesados e elementos esenciales en mostras de trigo de varias partes de kazajistán produtoras deste cereal. Os métodos estatísticos permitiron diferenciar o trigo das distintas procedencias do país e tamén fixo posible comprobar como o lavado do mineral con auga exenta de contaminantes permite baixar significativamente os niveis de contaminación deste cereal.

Outro dos parámetros abordados no marco desta investigación afecta ao estudo da contaminación por micotoxinas nun produto tradicional que consume a poboación kazaja de orixe turca como é o talkan, un produto alimenticio resultante da mestura de cereais tostados, especialmente mijo, que se emprega como alimento enerxético. As pescuadas realizadas conclúen que hai unha importante contaminación por certas micotoxinas, sobre todo de zearalelona, o que fai que inxerir este alimento poida deparar un risco para a saúde.

Tribunal de tese e cualificación

O profesor da Universidade da Coruña Alejandro Pazos , que tamén é académico correspondente da Academia de Farmacia de Galicia, presidiu o tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Damira Tattibayeva, quen mereceu a máxima cualificación de sobresaínte cum laude. O profesor da Universidade de Coimbra Fernando Ramos e o director do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) do Campus Terra da USC, Alberto Cepeda, que actou como secretario, completan a formación do tribunal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2017.