Pasar al contenido principal

O profesor Alfonso Castiñeiras ingresa este xoves na Academia de Farmacia de Galicia

O catedrático da Área de Química Inorgánica e profesor ad honorem Alfonso Castiñeiras Campos ingresará este xoves 29 como académico correspondente da Academia de Farmacia de Galicia. A sesión celebrarase ás 19.00 horas no Antigo Hospital de San Rome coa lectura do discurso de ingreso titulado ‘Os compostos inorgánicos en Farmacia e Medicina’. A presentación correrá a cargo do académico de número José Miñones Trillo.

O profesor Alfonso Castiñeiras Campos impartiu docencia de 27 materias nas facultades de Ciencias, Química, Farmacia, Bioloxía e na Escola Técnica Superior de Enseñaría da USC e da Universidade Autónoma de Madrid. En 1980 creou o seu propio grupo de investigación en ‘Química molecular e estrutural’ do que aínda é coordinador. Como investigador dirixiu 13 teses de doutoramento e 45 proxectos de fin de carreira e traballos fin de grao, ademais de figurar como investigador principal en 31 proxectos estatais e autonómicos en convocatorias de concorrencia competitiva e en contratos de investigación con empresas. É autor de 471 publicacións indexadas na ISI Web of Knowledge e obxecto de 9.000 citacións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2017.