Pasar al contenido principal

Presentación do libro Ramón del Valle-Inclán: Un día de guerra (Visión Estelar). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra

Este xoves 29 presentarase en rolda de prensa o libro Ramón del Valle-Inclán: Un día de guerra (Visión Estelar). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra, unha edición das profesoras Margarita Santos Zas, da USC, e Bénédicte Vauthier, da Universidade de Berna, que supón o volume 10 da Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán.

A orixe de Un día de guerra e La Media Noche atópase na viaxe a Francia que fixo Valle-Inclán como correspondente de El Imparcial en plena Guerra Mundial. Desa experiencia vital o escritor deixou constancia nun “diario de viaxe” (editado por Margarita Santos Zas en 2016), que transformaría mais tarde na obra de ficción La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra (1917).

No acto, que terá lugar ás 11.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, intervirán a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido; as editoras literarias da obra; a directora da Biblioteca Universitaria da USC, Isabel Casal Reyes, e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2017.