Pasar al contenido principal

Exposición Xuventude Crea (moda e deseño de xoias)

18.11.2024-05.12.2024

Santiago de Compostela

As obras gañadoras do certame nos campos da Moda e Deseño de xoias poderanse ver ata o 5 de decembro

Certame Xuventude Crea nos campos de Moda e Deseño de xoias
Certame Xuventude Crea nos campos de Moda e Deseño de xoias

A exposición do certame Xuventude Crea coas obras finalistas nos campos da Moda e Deseño de xoias estará na Igrexa da Universidade ata o 5 de decembro de 2024 e poderá ser visitada de balde de luns a sábado en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Xuventude Crea é un programa dirixido a creadoras e creadores non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, que naceran ou residan en Galicia. Impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación das e dos artistas emerxentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.11.2024.