- Entidad
- Consorcio interuniversitario de Galicia
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud
CIXUG
Requisitos:
- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional
nunha universidade ou centro de estudos galego. Para o caso de
persoas emigrantes retornadas poderán ter rematado os
estudios fóra de Galicia, sempre e cando os teñan correctamente
homologados. - Estar inscrita e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos
Este programa conta cunha completa oferta de contidos para apoiarte á transición desde a actividade educativa ata a inserción no mercado laboral, incluíndo distintos contidos formativos, actividades de networking para interactuar con mundo laboral, o seguimento individual e adaptado ás túas necesidades por unha persoa mentora con experiencia en sectores de interese e co apoio permanente e continuo dun equipo de persoas titoras que che acompañarán todo o proceso.
A través das seguintes accións:
1. Traballo con persoas mentoras: apoio para a inserción laboral por conta propia ou allea, a travésdunha persoa mentora,que será un profesional con experiencia no sector económico do teu interese.
2. Actividades formativas: de maneira presencial, semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.