Pasar al contenido principal
Axudas de mobilidade internacional para persoal docente a países extracomunitarios polo programa Erasmus+ KA171 durante o ano 2025.
Co-financiado pola UE

Axudas de mobilidade internacional para persoal docente e investigador para impartir docencia en institucións socias da USC (recollidas no Anexo IV da convocatoria) en países extracomunitarios no marco do programa Erasmus+ KA171 durante o ano 2025.

A duración desta actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe, e require da impartición de mínimo 8 horas de clase á semana.

Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.es (erasmus[dot]ka107[at]usc[dot]es)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.12.2024.