Pasar al contenido principal

Rexistro de formación

No Rexistro de Formación recóllese as actividades formativas realizadas polo PTXAS, que se reflicten no seu expediente persoal. As actividades do Plan de Formación consígnanse de oficio; para incluír outras actividades realizadas, cómpre solicitalo.

Segundo o artigo 20 do Regulamento do Centro de Formación de Persoal, o Centro de Formación manterá un rexistro de formación no que se recollerán de oficio todas as actividades formativas realizadas polo persoal no marco do Plan de Formación da USC, de xeito que queden reflectidas no expediente formativo de cada persoa.

Tamén se rexistrarán de oficio as actividades formativas en linguas do Centro de Linguas Modernas no marco do Plan de Formación e as actividades formativas externas financiadas polo Centro de Formación.

Solicitude de rexistro doutras actividades formativas

O persoal técnico de xestión, administración e servizos (PTXAS) poderá solicitarlle ao Centro de Formación de Persoal que se inclúan no seu expediente outras actividades formativas realizadas fóra dos plans de formación da USC, a través das seguintes vías:

  • Documentos con CSV ou sinatura electrónica:
    • Mediante a sede electrónica
    • Enviando un correo electrónico a formacion.ptxas [at] usc.gal (formacion[dot]ptxas[at]usc[dot]gal)
  • Documentos con sinatura manuscrita:
    • Presentándoos a través do Rexistro da USC, solicitando que se dirixan ao CFP como copia electrónica auténtica.

As actividades formativas que se incluirán no Rexistro de Formación son os cursos, obradoiros, seminarios e outras actividades que:

  • non forman parte dun currículo académico oficial nin conducen á obtención dun título académico oficial
  • están enfocadas ao desenvolvemento profesional e á mellora das competencias no posto de traballo
  • se acreditan con documentos orixinais e correctamente asinados.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.11.2024.