Pasar al contenido principal

Ulises Moulines e Tomás Vives conversaron na USC sobre liberdade e ciencia

Ulises Moulines e Tomás Vives conversaron na USC sobre liberdade e ciencia
Ulises Moulines e Tomás Vives conversaron na USC sobre liberdade e ciencia

Os catedráticos eméritos de Teoría da Ciencia da Universidade Ludwig Maximillians de Munich e de Dereito Penal da Universidade de Valencia, Ulises Moulines e Tomás Vives, respectivamente, participaron este martes en Dereito nunha conversa científica organizada no marco do proxecto do Campus da Cidadanía. Os dous atópanse estes días en Compostela para, xunto co físico Mikhail Alexandrovich Braun, ser investidos este xoves 8 doutores ‘honoris causa’ pola USC.

No encontro ‘A liberdade e os saberes científicos no horizonte da cidadanía’ Moulines e Vives reflexionaron acerca da liberdade e da actitude da cidadanía cara a ciencia dentro dun século, respectivamente. O acto contou cunha presentación previa na que interviñeron o reitor Juan Viaño; o decano da facultade anfitrioa, Gumersindo Guinarte; e o comisionado da USC para o Campus da Cidadanía, José Antonio Caride.

Vives Antón
Vives Antón é un dos xuristas españois máis completo e brillante dos últimos anos. Foi fiscal, catedrático de dereito penal, maxistrado do contencioso-administrativo, letrado do Tribunal Constitucional, vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial e maxistrado e vicepresidente do Tribunal Constitucional. As súas obras tiveron, e seguen a ter, un grande impacto xa que contribuíu á creación dunha xurisprudencia constitucional cinguida aos valores de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político, e a desenvolver, fortalecer e dar contido aos dereitos fundamentais.

Ulises Moulines
Pola súa banda, Carlos Ulises Moulines destaca no ámbito da Filosofía da Ciencia, sendo unha das figuras destacadas da corrente coñecida como ‘metateoría estruturalista’ aínda que tamén fixo achegas significativas á filosofía en xeral desde a orientación ‘analítica’, aquela que se ocupa pola elucidación conceptual dos problemas filosóficos.

De esquerda a dereita, Tomás Vives e Ulises Moulines, respectivamente. Foto: Servimav-USC A sesión desenvolveuse na Facultade de Dereito. Foto: Servimav-USC

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2017.