- Entidad
- Consellería de educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional convoca as axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25 en países do programa comunitario Erasmus+.
Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2024/25 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
- Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos, en países que teñen a condición de países do programa, con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
- Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
- Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún de que é nacional.
- Queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.
-
As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países que teñen a condición de países do programa Erasmus+:
- De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1 (Países do programa con custos de vida superiores: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia).
- De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2 (Países do programa con custos de vida medios: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal).
- De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3 (Países do programa con custos de la vida inferiores: Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía).