A Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo bota a andar o seu programa formativo de cursos para o segundo semestre
A inscrición xa pode formalizarse a través dun formulario en liña ata o 31 de xaneiro
A prevención ante situacións de acoso sexual, idiomas, xestión laboral, redes sociais, oratoria ou márketing dixital son algúns dos contidos que integran o amplo e diverso abano de cursos ofertados pola Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo para este segundo semestre.
A través dun formulario en liña xa é posible inscribirse nalgunhas destas accións dirixidas tanto á comunidade universitaria como ao conxunto da cidadanía. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro.