Pasar al contenido principal

O Prof. Marcelino Agís, novo presidente da Academia Xacobea

O Prof. Marcelino Agís, catedrático da área de Filosofía, será ratificado como presidente da Academia Xacobea.

O próximo 21 de xaneiro de 2025, o Prof. Marcelino Agís, catedrático da área de Filosofía, será ratificado como presidente da Academia Xacobea nunha reunión da súa Xunta Plenaria. A continuación, presidirá, como novo presidente, a sesión solemne de apertura do curso 2025  da devandita Academia no paraninfo da USC ás 19:30 h.
Dende o departamento desexámoslle o mellor ao Prof. Marcelino Agís neste novo posto que vai desempeñar.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2025.