Pasar al contenido principal

Consello de Goberno

23.01.2025 | 09.45h

Santiago de Compostela
Salón Reitoral

O Colexio de San Xerome acollerá no seu Salón Reitoral a xuntanza do órgano colexiado. FOTO: Santi Alvite
O Colexio de San Xerome acollerá no seu Salón Reitoral a xuntanza do órgano colexiado. FOTO: Santi Alvite

A aprobación do Proxecto Estratéxico do Campus Terra 2026-2029 é o único punto da orde do día da vindeira sesión extraordinaria do Consello de Goberno da USC. O Colexio de San Xerome acollerá no seu Salón Reitoral a xuntanza do órgano colexiado este xoves 23, a partir das 09.45 horas, en primeira convocatoria.

O Campus Terra nace como resultado do acordo entre a Xunta de Galicia e a USC, co obxectivo principal de transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, polo cal foi acreditado como campus de especialización do SUG por un período de catro anos (2022-2025).

Despois da consecución do Plan Operativo 2022-2025 do campus de especialización Campus Terra e tras a implantación e posta en marcha das accións e actividades contempladas nel, ábrese un novo proceso de planificación estratéxica co fin de crear un ecosistema académico e investigador actualizado e dinámico para facer fronte aos novos retos actuais de forma áxil e dende unha perspectiva interdisciplinaria e integradora.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2025.