Pasar al contenido principal

Entrega de premios da I edición de comPAErteo

23.01.2025 | 13.00h

Sala de Profesorado

A entrega de premios será na Facultade
A entrega de premios será na Facultade

comPAErteo é unha iniciativa pensada para visibilizar en redes sociais a experiencia levada a cabo nas Prácticas Académicas Externas (PAE) por parte do estudantado da Facultade de Xeografía e Historia. Logo de rematada a presentación de propostas correspondentes ao curso 2023/24, este xoves 23 terá lugar a entrega de premios, que nesta primeira edición recaeron de maneira unánime en Alba Grandío Álvarez e Laura Velasco (@arquivinhas), gañadoras do certame e que levan 180 euros; Mirian Adrio Nieto (@mirian_no.arquivo) no segundo posto con 130 euros; e Zaira Miguélez Buján (@artxivando.aspf) no terceiro, con 80 euros.

No acto participarán o decano da Facultade, Antonio Míguez macho, a presidenta da Comisión de Normalización Lingüística o curso pasado, Carme López Calderón, e o responsable da área de Asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Bermúdez Blanco.

O xurado que outorgou os galardóns -que valorou a capacidade creativa, a comunicación e a difusión de contidos- estivo composto por representantes da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade, dunha empresa dedicada á comunicación dixital e dun representante do estudantado de 3º curso. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.01.2025.