Pasar al contenido principal

Graduación de novas promocións de Enxeñaría Informática, Relacións Laborais e Nutrición Humana e Dietética

A oitava promoción de Enxeñaría Informática do Campus de Santiago, a cuarta de Nutrición Humana e Dietética e a sétima de Relacións Laborais e Recursos Humanos do campus de Lugo celebran este venres 16 os seus actos de graduación.

O de Enxeñaría Informática terá lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría ás 18:30 horas presidido pola vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey.

Apadriñan esta promoción o profesor Juan Carlos Pichel e o investigador Pablo Rodríguez, que intervirán na cerimonia xunto cos estudantes Lucía Pérez Garabán e Rubén Osorio López; o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Marcos J. Mata; o secretario do Departamento de Electrónica e Computación, Manuel Lama; o director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información, Paulo Félix; e o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Antonio Mosquera.

Relacións Laborais e Recursos Humanos

A Escola Universitaria de Relacións Laborais acolle este venres, a partir das 19.00 horas, o acto de graduación da súa sétima promoción do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, á que pertencen preto de 40 novos titulados, que contarán como padriño co avogado en exercicio e profesor no centro, Antonio García Rojo.

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro, presidirá este acto académico de graduación, no marco dunha sesión na que tamén intervirán o presidente da Fundación Campus, Jaime López; a directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo, Mercedes Montes Rodríguez; o deputado provincial Álvaro Santos; o presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira, e o presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Javier Díaz Díaz.

Nutrición Humana e Dietética
Pola súa banda, a Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC acollerá, a partir das 19.30 horas, no salón de actos José Rodríguez Mourelo, o acto do do grao en Nutrición Humana e Dietética, no que actuará como padriño o profesor da USC neste centro universitario e coordinador do título Jesús Casabiell Pintos.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, presidirá esta cerimonia académica, no marco da que tamén intervirán o decano da Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC, José Manuel Martínez Ageitos; a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico do Concello de Lugo, Ana Prieto; a deputada provincial delegada da área de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García, e Fernando Rodríguez Sánchez, vogal do Colexio de Dietistas e Nutricionistas de Galicia.

A estudante Andrea Paola Román Eyo, que intervirá en representación dos 40 alumnos desta cuarta promoción do grao en Nutrición Humana e Dietética, e o posterior chamamento de cada un dos novos graduados/as, a cargo da secretaria da Facultade de Ciencias da USC, Aida Jover Ramos, para a imposición de bandas e entrega de diplomas, servirá de colofón deste acto académico.

A Escola Universitaria de Relacións Laborais acolle este venres, a partir das 19.00 horas, o acto de graduación da súa sétima promoción do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, á que pertencen preto de 40 novos titulados, que contarán como padriño co avogado en exercicio e profesor no centro, Antonio García Rojo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.06.2017.