Pasar al contenido principal

Cuarto ciclo de conferencias arredor da arte e o poder

A asociación universitaria Entre Clío y Euterpe organiza este xoves e o venres o seu cuarto ciclo de conferencias arredor da arte e o poder. O encontro desenvolverase na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia e será inaugurado polo decano, Francisco Durán, o xoves 15 ás 16:45 horas.

Nas dúas xornadas novos e consolidados investigadores debaterán sobre a influencia e mutua convivencia da arte e o poder a través de catro mesas coordinadas por membros da asociación, repartidos en audiovisuais, arte, música e historia. Entre os conferenciantes deste ano destaca a presenza de participantes das Universidades de Salamanca, La Rioja así como da propia compostelá.

O programa ten un percorrido cronolóxico dende temáticas medievais ata as últimas problemáticas en viodeclips así como unha relevante presenza da cuestión de xénero a través da moda ou a participación política da muller na revolución.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2017.