Pasar al contenido principal

Proxección do filme 'Oreina (Cervo)' de Koldo Almandoz

11.02.2025 | 17.00h

Salón de Actos

Fotográma de Oreina
Fotográma de Oreina

No marco do ciclo CineFilo, o 11 de febreiro terá lugar a proxeción do filme vasco Oreina (Cervo) de Koldo Almandoz (2018), que contará coa presenza do profesor de Filoloxía Vasca Aritz Galarraga (UCM). O evento será ás 17.00 horas no salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

Sinopse: Khalil é un mozo desarraigado que vive na periferia da cidade, alí onde os polígonos industriais conflúen co río e a marisma. Búscase a vida como pode e pasa os días xunto a un vello furtivo, que comparte unha casa na beira do río cun irmán co que non se fala desde hai anos. Nas beiras da marisma, as mareas marcan o tempo do amor e o desamor, da amizade e a vinganza.

Aritz Galarraga Lopetegi (Hondarribia, Guipúscoa, 1980) é doutor internacional en Lingua e Literatura Catalás pola Universitat Autònoma de Barcelona e en Estudos Vascos pola Université de Pau (Franciaa). Actualmente traballa como profesor axudante doutor da Área de Filoloxía Vasca da Universidade Complutense. As súas áreas de estudo son a produción, circulación e recepción de textos literarios no ámbito ibérico. Traduciu ao vasco os poetas cataláns Gabriel Ferrater, Salvador Espriu e Joan Vinyoli, e editou unha antoloxía de contos cataláns contemporáneos á lingua vasca, Hobe kontatzen ez badidazu (Pasazaite, 2014). É autor dun libro de memorias, Gogoan dut (Pamiela, 2021), e do ensaio literario Humanitatearen une gorenak (Alberdania, 2022). É colaborador habitual da prensa escrita vasca.

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.01.2025.