Pasar al contenido principal

Willem Brons clausura este martes o ciclo de concertos ‘Unha vida de emocións en 32 sonatas’

Willem Brons clausura este martes o ciclo de concertos ‘Unha vida de emocións en 32 sonatas’
Willem Brons clausura este martes o ciclo de concertos ‘Unha vida de emocións en 32 sonatas’

O pianista holandés Willem Brons porá este martes 13 o broche final ao ciclo que se vén desenvolvendo desde outubro coas sonatas para piano que Beethoven compuxo ao longo da súa vida. O recital de Brons, no que ionterpretará as tres últimas sonatas, será ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade, coma sempre con entrada libre ata completar o aforo.

Willen Brons estudou no Muzieklyceum de Amsterdam con Karel Hilsum (piano) e Piet Kee (órgano) e continuou estudos no Conservatorio de Xenebra con Louis Hiltbrand, axudante e amigo de Dinu Lipatti. En 1968 gañou dous importantes premios no Concurso de Xenebra: o primeiro premio con distinción e o Philipinetti na memoria de Panderevski.

Tocou con importantes orquestras holandesas como a Concertgebouworkest con Bernard Haitink, a Residenzorchester Den Haag e a Rotterdam Philharmonisch Orkest (baixo a dirección de Hans Vonk e Edo de Waart). Tamén foi convidado a tocar coa London Philharmonic Orchestra e a Orchestre de la Suisse Romande.

Desde 1982, Brons foi convidado habitual no Xapón, onde actúa case cada ano presentando programas de solista, música de cámara e con orquestra. Tamén imparte master classes na Universidade Nacional de Belas Artes en Tokyo, na Academia de Verán de Kusatsu, na Academia Gnessin de Moscova, na master class “Courchevel de Xapón e, cada ano, unha master class en Amsterdam.

Brons é membro do grupo de cámara Robert Schumann Ensemble e imparte clases no Sweelinck Conservatoire de Amsterdam. Ten ofrecido concertos como solista en Londres, París, Roma, Tokyo, Moscova, Bruxelas, Berlín e noutros moitos centros musicais de Europa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2017.