Pasar al contenido principal

Concerto 'Scripta manent, verba volant' polo 50 aniversario de Filoloxía

26.02.2025 | 19.00h

Auditorio de Galicia

Con Pauliña, César Morán, Eladio Santos, Alba María, Filólogos de Ataque Escampe (Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira, Álex Charlón), Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), Noemi Basanta, Xurxo Souto, Laura Lamontagne, Susana De Lorenzo, Leo De Matamá, Uxía, Alfredo Dourado e Antón Reixa

O concerto será no Auditorio de Galicia
O concerto será no Auditorio de Galicia

En febreiro de 1975 constituíuse a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, cunha comisión xestora que comezou os seus traballos entre os días 23 e 28 daquel mes. Para celebrar esa data, da que se compren 50 anos, o centro ten previsto o día 26 de febreiro, ás 19:00 horas no Auditorio de Galicia, o concerto Scripta manent, verba volant, un dos momentos máis agardados da conmemoración do aniversario preparados pola comisión organizadora e o equipo decanal.

Coordinado por Xurxo Souto, no concerto participarán persoas egresadas da facultade que son profesionais da música como Pauliña, César Morán, Eladio Santos, Alba María, Filólogos de Ataque Escampe (Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira, Álex Charlón), Carlos Valcárcel (Projecto Mourente), Noemi Basanta, Xurxo Souto, Laura Lamontagne, Susana De Lorenzo, Leo De Matamá, Uxía, Alfredo Dourado e Antón Reixa.

A Facultade quere convidar a esta viaxe polas últimas cinco décadas da música galega toda a comunidade universitaria, que disporá de prazo para anotarse ata as 9 horas do 17 de febreiro. A partir do día 18, logo de recibir confirmación, poderase recoller o billete (e o da persoa acompañante, no seu caso) no Punto de Atención, Información e Servizos do propio centro universitario. 

Cartel do concerto
Cartel do concerto
Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.02.2025.