Vodas de ouro da promoción 1962-1967 de Químicas
A promoción 1962-1967 de Químicas celebra este sábado 17 as súas vodas de ouro nun acto que comeza ás 11.15 horas no Recanto da Saudade (fronte ao Sanatorio La Esperanza) para descubrir a placa conmemorativa.
A continuación terá lugar na Facultade o acto académico coa presenza do reitor da USC, Juan Viaño; a decana da Facultade, Pilar Bermejo; Isabel Aneiros en representación de Alumni USC; e o profesor Manuel Bermejo como alumno da promoción.