Pasar al contenido principal

A revista Journal of Colloid and Interface Science da que é editor Arturo López-Quintela, líder no campo dos coloides

A revista Journal of Colloid and Interface Science da que é editor Arturo López-Quintela, líder no campo dos coloides
A revista Journal of Colloid and Interface Science da que é editor Arturo López-Quintela, líder no campo dos coloides

A revista Journal of Colloid and Interface Science (Elsevier), da que é editor o profesor de Química Física da USC M. Arturo López-Quintela, acaba de obter un factor de impacto no Journal or Citation Reports de 4,23, o que a converte na publicación líder no campo dos coloides, por diante da máis importante ata o momento, Langmuir, da American Chemical Society (cun índice de impacto de 3,99).

A revista é unha das de maior historial no campo de coloides, que naceu en 1946 co nome Journal of Colloid Science, pasando en 1966 á súa denominación actual. Durante os últimos anos viu incrementado o número de artigos publicados nela , cubrindo todos os aspectos dos materiais nas áreas de superficies, interfases e química coloidal así como as das súas aplicacións en enerxía, nanomedicina, materiais avanzados e tecnoloxías ambientais. Os tópicos que recibiron unha especial atención ultimamente (hot topics) inclúen, entre outros, baterías, células solares e nanomateriais inorgánicos para a liberación de medicamentos ou nanosistemas teranósticos (sistemas duais de diagnose e acción terapéutica) así como tamén novos nanosistemas para adsorción de contaminantes e nanocatalizadores.

Journal of Colloid and Interface Science organiza anualmente unha conferencia internacional que este ano se desenvolve en Sitges e na que se presenta o premio JCIS-Darsh Wasan en recoñecemento a aqueles científicos que fixeran achegas moi significativas no eido da química de superficies e coloides. Este ano o científico premiado é o profesor Luis Liz-Marzán, actual director de CIC-biomaGUNE (Donostia) que realizou a súa tese doutoral na USC baixo a dirección do profesor M. Arturo López-Quintela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.06.2017.