Pasar al contenido principal

Os Consellos Sociais das Universidades de Santiago e A Coruña impulsan o programa de emprendemento AddVenture

As inscricións para esta terceira edición están abertas ata o 28 de marzo
As inscricións para esta terceira edición están abertas ata o 28 de marzo
As inscricións para esta terceira edición están abertas ata o 28 de marzo

Os Consellos Sociais das Universidades de Santiago e a Coruña impulsan o programa AddVenture de emprendemento e innovación deseñado para axudar a estruturar, validar e facer crecer os proxectos. As inscricións estarán abertas ata o 28 de marzo.

O programa consiste nun curso práctico e de aplicación directa no propio proxecto da persoa emprendedora utilizando a metodoloxía do grao oficial universitario LEINN –Liderado Emprendedor e Innovación- realizado por TeamLabs, o laboratorio de aprendizaxe de Mondragon Unibertsitatea. AddVenture combina formación, titoría e networking para que os participantes poidan validar a súa idea, mellorar a súa estratexia e desenvolver as súas competencias en liderado, vendas e dixitalización.

De carácter gratuíto, o curso está financiado e certificado polos Consellos Sociais da UDC e a USC e ten unha duración de tres meses e 265 horas de formación en sesións en liña en directo e encontros puntuais presenciais (hackaton e peche) para facilitar a aprendizaxe e a interacción con expertos.

Están dispoñibles 30 prazas, que se outorgarán ás diferentes candidaturas tras a realización dunha entrevista e tendo en conta a nota media do expediente académico como criterio dirimente.

Transforma ideas en negocios sostibles
AdVenture estrutúrase en dúas fases. Unha primeira centrada na construción do proxecto, con sesións aplicadas sobre proposta de valor, modelo de negocio e validación de mercado, ademais dun hackathon inicial para axudar aos participantes para identificar oportunidades e formar equipos. A segunda fase, enfocada no crecemento e lanzamento, traballará en estratexias de venda, automatización con ferramentas non-code e acceso a financiamento.

Ademais, o programa ofrece actividades adicionais como sesións de titorías individualizadas, encontros con expertos, masterclass con emprendedores de referencia e dinámicas de networking, facilitando o acceso a unha comunidade de apoio clave para o éxito do proxecto. 

Formación con TeamLabs, referente en emprendemento
O claustro de profesores estará integrado por docentes e expertos vinculados a TeamLabs, laboratorio referente pola súa metodoloxía de aprendizaxe, baseada no emprendemento en equipo e learning by doing (aprender facendo), que proporciona as capacidades e a cultura para innovar en contornas incertas. A metodoloxía que aplica no grao oficial universitario LEINN, cuxo orixe se atopa na unidade Team Academy de Finlandia, céntrase na aprendizaxe práctica a través da creación de empresas e proxectos reais, o traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades e competencias máis que na adquisición de coñecementos, permitindo ás persoas emprendedoras avanzar con seguridade no seu proxecto.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2025.