Pasar al contenido principal

Este xoves entréganse os IV premios do programa Argos ‘Creando equipos emprendedores’

Os premios da cuarta edición do programa Argos da USC ‘Creando equipos emprendedores’ entregaranse este xoves 18 ás 11.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). O acto estará presidido polo reitor Juan Viaño e nel participarán tamén o director da Área de Servizos da Axencia Galega de Innovación, José Manuel Abella; o director xeral do IGAPE, Juan Cividanes Roger; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Santiago, Marta Lois; e o adxunto ao reitor para Transferencia, Innovación e Emprendemento, José Manuel Cotos.

O Programa Argos trata de conformar grupos interdisciplinares e facilitarlles acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio. Unha vez formados os grupos de 4 ou 5 integrantes, desenvolverán ao longo duns meses un plan de empresa que optará aos dous premios de 3.000 euros cada un que se entregan este xoves en dúas categorías: Argos Spin para proxectos baseados en resultados de investigación da USC e Argos Enxeño para os xurdidos de ideas propias ou empresas do contorno de Santiago.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2017.