Pasar al contenido principal

O reitor Antonio López preside este luns o acto académico de San Tomé na Facultade de Formación do Profesorado da USC

O reitor da USC, Antonio López, presidirá este luns 28 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino.

O reitor abrirá esta sesión académica logo dunha intervención do Grupo Vocal Solo Voces e no marco da que o catedrático da área de Didáctica das Ciencias Sociais da USC e decano da Facultade de Formación do Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘Ensino da xeografía, educación xeográfica e alfabetización cartográfica’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa e que congrega a autoridades académicas e políticas, ademais dunha nutrida representación da sociedade civil.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.01.2019.