Pasar al contenido principal

Pesar na USC polo pasamento de Lola Vázquez Villot e Antonio Vara Coomonte

A Universidade de Santiago de Compostela lamenta o pasamento de dúas persoas vinculadas laboralmente sempre á institución académica, Lola Vázquez Villot, do Persoal de Administración e Servizos, e Antonio Vara Coomonte, profesor na Facultade de Ciencias da Educación, onde impartía materias de Teoría e Historia de la Educación, Socioloxía da Educación e Metodoloxía da Investigación para o cambio socioeducativo. Tanto Lola como Antonio estaban en situación de xubilación activa.

Os restos mortais do profesor, prezado e valorado polos compañeiros de Facultade e da Universidade, serán velados no tanatorio de Boisaca, onde este sábado, ás 11,30 horas, terá lugar un acto civil de homenaxe, coa participación de compañeiros e amigos, antes da cremación dos seus restos mortais. A comunidade de Ciencias da Educación deixo constancia do seu “profundo cariño e agradecemento ao que foi o noso compañeiro, profesor, mestre e amigo. Sentimos profundamente a súa perda e a dor da súa familia”.

Lola Vázquez Villot, comezou a súa actividade profesional na Universidade de Santiago de Compostela, no Centro de Cálculo (os actuais Servizos Informáticos) e despois dedicouse a teledocumentación, realizando un importante labor de captación, recuperación e sistematización de datos e documentación para o persoal docente e investigador, para os doutorandos e para os membros dos distintos grupos de investigación. A última actividade, como integrante do cadro de Persoal de Administración e Servizos da USC, realizouna na Biblioteca Xeral, no Colexio de Fonseca, no servizo de Información bibliográfica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.05.2017.