Pasar al contenido principal

O catedrático José Rivas ingresa esta tarde na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago José Rivas Rey ingresa esta tarde na Real Academia Galega de Ciencias. No acto solemne, que terá lugar no Pazo compostelá de San Roque ás 19.00 horas e ao que asiste o reitor Viaño, o profesor pronunciará o discurso ‘O Magnetismo e a Nanotecnoloxía. Dous aliados na fronteira do coñecemento’, que será contestado polo académico Vicente Pérez Villar.

José Rivas é membro destacado do grupo de investigación Magnetismo e Nanomateriais (Nanomag) e conta cun currículo moi extenso e relevante nese eido, con numerosas publicacións, patentes e outras actividades relacionadas. Foi ademais director do Laboratorio Ibérico Internacional de Nanomateriais, situado en Braga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2017.