Pasar al contenido principal

Seguridade fronte a privacidade dixital, nova Regueifa de Ciencia

Seguridade fronte a privacidade dixital, nova Regueifa de Ciencia
Seguridade fronte a privacidade dixital, nova Regueifa de Ciencia

Os avances nas tecnoloxías da información e a comunicación multiplicaron de forma exponencial a capacidade de comunicación e de intercambio de información, modificando de forma radical as dinámicas da sociedade e da intimidade das persoas.

Esta nova situación leva a formular dous retos principais como son a seguridade e a privacidade. Por unha banda, a nosa actividade diaria vai deixando un rastro dixital que pode por en risco a nosa privacidade e, por outra, ameazas como o terrorismo impoñen unha serie de medidas como a vixilancia masiva, necesarias para a prevención de calquera ataque contra a nosa integridade.

Diante desta disxuntiva, Regueifas de Ciencia propón no seu vindeiro debate do 1 de xuño unha reflexión sobre que priorizar: a seguridade ou a privacidade. Cuestións como se existen garantías de privacidade fronte ao estado ou as empresas, a propiedade dos datos persoais ou se é suficiente a lexislación existente serán tratadas nese foro de reflexión, que terá lugar ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación.

Como é habitual, na Regueifa participarán especialistas de primeiro nivel como a xornalista de eldiario.es Marta Peirano, fundadora de Cryptoparty Berlin e co directora de COPYFIGHT; a avogada especialista en Dereito Tecnolóxico, Paloma Llaneza; o membro da Unidade de Investigación Tecnolóxica do Corpo Nacional de Policía Eduardo Casas; e Alberto Calero, enxeñeiro de Telecomunicacións e membro de A&J Calero e Maven7.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.05.2017.