Dereito celebrou o seu patrón San Raimundo de Peñafort
A Facultade de Dereito da Universidade de Santiago celebrou este venres o acto académico na honra de San Raimundo de Peñafort, patrón do centro, que presidiu o reitor Antonio López. Acompañárono o decano da Facultade, Gumersindo Guinarte; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes.
No acto, o catedrático emérito de Dereito Penal Enrique Orts Berenguer pronunciou a lección maxistral ‘Reflexións sobre relixión e Dereito’. A continuación tivo lugar a entrega da insignia da Facultade ás profesoras Antonia Nieto Alonso e Lourdes Noya Ferreiro con motivo dos seus 25 anos de servizos no centro.
A celebración proseguiu coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou os seus estudos no curso 2017/2018 e ao que acadou Premio Extraordinario de Grao e Mestrados.