Pasar al contenido principal

Producen bioplásticos a partir de materias primas renovables

Producen bioplásticos a partir de materias primas renovables
Producen bioplásticos a partir de materias primas renovables

De entre todos os biopolímeros, os polihidroxialcanoatos (PHA) presentan o maior potencial e as máis atractivas características para substituír os plásticos baseados no petróleo. Os PHA son materiais con propiedades semellantes ó polipropileno, pero son ademais biodegradables e poden ser obtidos a partir de substratos renovables.

A investigadora María García Torreiro presentou na súa tese de doutoramento diversas estratexias para a produción de biopolímeros mediante a integración do proceso nunha biorrefinería na que se produza tamén bioetanol a partir de substratos como cereais ou caña de azucre.

Para iso, empregou a bacteria Halomonass boliviensis como microorganismo produtor de PHA, debido á súa capacidade de acumular este material en altas concentracións. A investigadora estudou os requisitos nutricionais necesarios para incrementar a acumulación de PHA nesta bacteria á vez que desenvolveu unha novidosa configuración do proceso de fermentación, baseada na fermentación e hidrólise simultánea dos azucres presentes nos cereais.

María García realizou una estadía de investigación no grupo do profesor Steinbüchel no IMMB (Münster, Alemaña) durante a cal tivo a oportunidade de estudar a produción de biopolímeros a partir de ácidos graxos volátiles que se poden obter mediante a fermentación de diferentes residuos orgánicos. Este substrato permitiu obter un biopolímero con mellores propiedades físicas que os obtidos a partir de glucosa.

O traballo de investigación, que contou no seu financiamento coa colaboración da empresa ABENGOA Bioenergy no marco dun proxecto financiado pola Administración estatal, desenvolveuse no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC e dirixírono o profesor Juan M. Lema Rodicio e o investigador Thelmo A. Lú Chau, ambos os dous do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñaría Química da USC.

Desta tese, titulada ‘Halomonas boliviensis in an integrated biorefinery’, deriváronse seis artigos publicados en revistas científicas indexadas no Scientific Citation Index como Biotechnology Progress, Biochemical Engineering Journal, Industrial Crops and Products and Bioprocess and Biosystems Engineering, xunto cunha patente e diversas contribucións a congresos internacionais e europeos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2017.