Pasar al contenido principal

'Scripta manent: escritoras de Filoloxía'

21.04.2025-22.04.2025 | 09.30h

Santiago de Compostela

Estudantado nos corredores de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Estudantado nos corredores de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Os días 21 e 22 de abril, ás 9.30 horas, o Auditorio da Facultade de Filoloxía será a sede do evento 'Scripta manent: escritoras de Filoloxía', no que profesorado e estudantado actual do centro con produción literaria participarán en tres mesas redondas nas que presentarán a súa obra. Nelas debaterán sobre o influxo dos estudos filolóxicos nos seus traballos e a pertinencia da inclusión da creatividade literaria en diversas materias dos graos. 

A seguir, terá lugar un recital no que as persoas intervintes darán lectura a fragmentos das súas obras xunto con estudantado egresado da Facultade que conta cunha actividade literaria relevante. A iniciativa enmárcase nos actos vinculados ao 50 aniversario do centro. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2025.