Pasar al contenido principal

Apoderamento lingüístico. Ferramentas desde a xestión cultural

29.04.2025 | 16.00h-20.00h

Lugo
Seminario 214

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades organiza unha actividade formativa que busca estimular a reflexión sobre o papel que a xestión cultural pode xogar nos procesos de reparación e normalización social da lingua galega.

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

As humanidades e a xestión cultural que se desenvolven na Galicia actual teñen un papel que xogar contra o proceso de perda de falantes da lingua galega. Deben ser quen de construír respostas innovadoras que activen novos falantes e contribúan a reverter a tendencia ao devalo. Para formar o estudantado do centro nas dinámicas que permiten deseñar e desenvolver ese tipo de actuacións, a Comisión de Normalización Lingüística organiza un obradoiro de catro horas de duración. 

Neste foro, a través dunha metodoloxía que fomenta a participación e a creación colectiva, preténdense entender o contexto lingüístico actual e as implicacións que ten a medio e longo prazo, entender tamén a intervención nese contexto a favor da lingua minorizada como parte das competencias e das responsabilidades do desempeño en xestión cultural, e aprender a deseñar prototipos de intervención que incidan nese contexto para activar falantes e promover o emprego da lingua galega.

Para fomentar esas dinámicas participativas, as prazas son limitadas. Así que, para participar no Obradoiro, cómpre formalizar a inscrición previamente neste formulario.

Cartel do evento
Cartel do evento con QR de inscrición
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2025.