- Entidad
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

Convocatoria de dúas bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo para persoas tituladas universitarias co obxectivo de contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
- Estar en posesión dalgún título universitario: licenciatura, arquitectura, enxeñería ou grao.
- Ter rematado os estudos no ano 2016 ou posterior.
- Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
- Non ter renunciado as bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo na anterior convocatoria.
- Non ter emprego remunerado.
- Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
Remuneración: 1.200 € brutos ao mes.
Duración: máximo 7 meses