Pasar al contenido principal

Xornada ‘Idade e xénero nas pensións de viuvez’

08/05/2025 17.00h

Paraninfo da Universidade

A xornada será no Paraninfo da Universidade
A xornada será no Paraninfo da Universidade

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside o xoves 8 de maio a sesión que o grupo Jubilare dedicará a reflexionar sobre as pensións de viuvez en Galicia e sobre a incidencia que a idade e o xénero teñen nelas. Xunto a ela estarán a decana do Colexio de Rexistradores, María Emilia Adán García, e a decana autonómica de Galicia, María Núñez Núnez.

Moderado pola catedrática de Dereito Civil da USC Mª Paz García Rubio, do debate participarán como persoas relatoras a ex presidenta do Tribunal Constitucional, membro da Comisión xestora da Universidade Carlos III de Madrid e conselleira electiva do Consello de Estado, María Emilia Casas Baamonde, e Luis Carlos Tortajada Lorente, director xeral territorial de MAPFRE Noroeste.

A sesión presencial terá lugar ás 17.00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Xoegrafía e Historia), pero tamén poderá seguirse en directo a través da ligazón https://www.youtube.com/live/hErr7CJsZyk.

Cartel do evento a desenvolver no Paraninfo da Universidade
Cartel do evento a desenvolver no Paraninfo da Universidade
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2025.