Pasar al contenido principal

O Campionato de España Universitario de Taekwondo culmina con tres ouros e dúas pratas para a USC

O equipo da USC de Taekwondo posa coas súas medallas
O equipo da USC de Taekwondo posa coas súas medallas
A Universidade de Santiago de Compostela tamén logrou quedar no Top 10 do CEU de Atletismo cun cuarto e un noveno posto
Santiago de Compostela

A representación da USC nos Campionatos de España Universitarios de Taekwondo e Atletismo que se desenvolveron esta fin de semana acadou postos destacados tanto no medalleiro como no Top 10 da clasificación. Así, no CEU de Taekwondo, a USC obtivo tres ouros e dúas pratas, mentres que no de Atletismo conseguiuse un cuarto e un noveno posto. 

Alcalá de Henares acolleu este sábado 3 os triunfos de Tomás Fernández e Laura Álvarez que acadaron cadanseu ouro en técnica sénior masculina e técnica sénior feminina de taekwondo, ademais doutro metal dourado en técnica en parella. Ademais, Martín Lois logrou a prata en  combate -58 kg e Iago Mallo fixo o mesmo en combate -80 kg. No CEU de atletismo que tivo ligar no Estadio de Vallehermoso de Madrid os días 3 e 4 deste mes, Hugo García Suárez logrou o  cuarto posto en 3.000 obstáculos e Alba Pérez Nieto, o noveno en 5000 marcha. 

Éxitos anteriores

O éxito da representación da USC en Taekwondo e Atletismo súmase ao xa obtido en Karate e Judo. Así, Eva Rodríguez Loredo obtivo a medalla de ouro no Campionato de España Universitario de Karate que a Universidade de Alcalá acolleu do 25 ao 26 de abril. Ademais, tamén en representación da USC, Adrián Barcia Mosquera logrou a quinta posición na súa categoría. Rodríguez Loredo competiu na modalidade Kumite Senior Fem -55 kg, mentres que Barcia Mosquera fíxoo na Kumite Senior Masc -75kg.

Ademais, Sabela Lage Rivera e José Iglesias Rodríguez acadaron medalla de bronce nas categorías de -78 kg e -90 kg, respectivamente, do Campionato de España Universitario de Judo que se desenvolveu en Pozuelo de Alarcón o pasado 11 de abril. Fabiola Fernández García, na categoría de +78 kg, quedou en quinta posición. Completaron o equipo Marta Plaza Pedre, Carlos Infanzón Ocampo e Lucas Santamaría González.

 

Equipo da USC de atletismo
Equipo da USC de atletismo
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.05.2025.