Pasar al contenido principal

A xornada Móvete achega ao alumnado recursos e información sobre oportunidades de traballo e mobilidade

A xornada informativa Móvete dará conta este xoves 26 sobre os distintos programas de prácticas internacionais, recursos e oportunidades de traballo e mobilidade actualmente dispoñibles para a mocidade. No salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ao alumnado interesado presentaráselle a información relativa ás bolsas Galeuropa, a Rede Eures, as prácticas Erasmus +, as bolsas e recursos da Fundación Galicia Europa, o Servizo de Voluntariado Europeo, así como outros programas e experiencias a nivel internacional.

Co obxecto de facilitar a participación de todo o alumnado interesado da USC está prevista unha primeira quenda en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, e outra pola tarde de 16.00 a 20.00 horas. En ambos casos a asistencia é gratuíta e a inscrición é preciso facela a través da webwww.empregate.usc.es. Esta é unha actividade organizada pola Área de Orientación Laboral encadrada no programa EMPRÉGA-T, programa formativo para o desenvolvemento de competencias profesionais que organiza Ciencias Económicas e que se desenvolve os meses de outubro e novembro tanto no campus de Santiago como no de Lugo. Todo o programa da xornada está dispoñible na web.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2017.