Pasar al contenido principal

Novo recurso electrónico dispoñible: Intelligent Technologies and robotics (2022-2025) - SpringerLink eBook Collection

Intelligent Technologies and robotics (2022-2025) está accesible a través de ReBUSCa. Imaxe: Axel Richter en Unsplash
Intelligent Technologies and robotics (2022-2025) está accesible a través de ReBUSCa. Imaxe: Axel Richter en Unsplash
A BUSC conta cunha nova colección electrónica centrada nos campos das tecnoloxías intelixentes e a robótica. Reúne recursos actualizados de autores de renome internacional que traballan en todos os aspectos dos Sistemas Intelixentes.

A comunidade universitaria ten a súa disposición un novo recurso electrónico: Intelligent Technologies and robotics (2022-2025), da colección Springer Link eBook. Nel, pódense atopar libros electrónicos e actas de congresos relacionados con diversos temas como o transporte intelixente, os humanoides, os vehículos autónomos, o Internet das cousas, a intelixencia ambiental, as cidades intelixentes, a interacción persoa-ordenador, a intelixencia computacional, a industria 4.0, a robótica médica ou a ciencia de datos.

Podes acceder ao novo recurso a través de ReBUSCa.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2025.