Pasar al contenido principal

Xornada sobre a xestión dos riscos psicosociais e o estrés laboral

A promoción da saúde laboral, a prevención dos riscos psicosociais e o estrés laboral serán as cuestións a tratar na xornada que o 10 de novembro se desenvolverá na facultade compostelá de Relacións Laborais.

No encontro presentaranse as actuais ferramentas metodolóxicas para medir os riscos psicosociais ademais de profundar nas consecuencias psicolóxicas da exposición a estes e ao estrés laboral. Para iso contarase coa presenza de especialistas do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, das Universidades de Oviedo e La Laguna e das empresas Mutua Universal, DHL Express Spain e do Grupo BLC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2017.