Pasar al contenido principal

Ciencias da Comunicación inaugura este mércores a Aula ‘Nacho Mirás’

Con motivo do Día da Liberdade de Expresión, a Facultade de Ciencias da Comunicación colocará este mércores 3 unha placa coa que fará oficial a denominación de ‘Aula Nacho Mirás’ á mesma clase na que o finado xornalista impartía a materia practica de Redacción Xornalística.

O acto estará presidido ás 13.00 horas polo vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, e contará coa participación do Colexio de Xornalistas, o decano da facultade, Xosé Ramón Pousa; Ainhoa Apestegui en representación da familia de Nacho Mirás, e a asistencia de profesores e alumnos do centro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 02.05.2017.