Pasar al contenido principal

Nova edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’

Nova edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’
Nova edición do concurso ‘Explícoche Matemáticas 2.0’

Promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas é o principal obxectivo do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que xa vai pola súa oitava edición e cuxo prazo de presentación de traballos remata o 22 de marzo.

O certame premia vídeos, en galego e cunha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos, nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación) ou ben cun carácter divulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Poderá utilizarse calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

Pode participar o alumnado das universidades públicas de toda España de calquera titulación de grao, mestrado e doutoramento, así como de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

Haberá catro premios: para a categoría do alumnado da ESO e de bacharelato, para o estudantado de graos, para o de mestrado e doutoramento, todos dotados con 200 euros cada un, e un cuarto de 100 euros para o mellor valorado polos internautas.

O concurso conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade e convócao Facultade de Matemáticas, a través da súa Comisión de Normalización Lingüística.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2019.