Pasar al contenido principal

A Aplta do Campus Terra da USC organiza un obradoiro sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria

Cartaz do workshop sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria
Cartaz do workshop sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria
Os técnicos e profesionais das industrias do sector interesados poden inscribirse nas xornadas no enderezo electrónico comunicacion@aplta.es ou no teléfono 600942347

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (APLTA) do Campus Terra da USC celebrará os días 15 e 16 de xuño, no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, unha nova edición dos Workshop sobre ingredientes e aditivos na industria láctea e alimentaria.

Esta actividade formativa e de divulgación, orientado á participación de técnicos de I+D e innovación, marketing, produción calidade de empresas do sector lácteo e alimentario, posibilitará aos asistentes afondar no coñecemento das novas tendencias do mercado na actualidade, así como as futuras demandas globais do consumidor no ámbito da alimentación e mesmo respecto dos procesos de diversificación da industria láctea e alimentaria.

O Workshop sobre ingredientes e aditivos nas industrias lácteas e alimentarias será tamén o escenario no que empresas como Christian Hansen, DSM, IFF, Frulact, FMC, Beneo, GBI, Arla, Cp Kelco... amosen as súas principais novas nos aditivos e demais compoñentes empregados na formulación dos novos alimentos. Estas presentacións estarán caracterizadas polo seu enfoque práctico e aplicado ao deseño e produción de diversos do leite e outros alimentos, a partir de diferentes experiencias e estudos.

Outra das novidades deste foro vén dada pola celebración no marco destas xornadas técnicas dun espazo de presentación de produtos, no que as empresas participantes contarán cunha área específica para facilitar a exposición e cata de prototipos e produtos comerciais. As persoas interesadas en formalizar a súa reserva de praza o solicitar máis información ao respecto destas xornadas poden facelo a través do enderezo de correo electrónico comunicacion [at] aplta.es (comunicacion[at]aplta[dot]es) ou no número de teléfono 600 942 347.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2017.