Pasar al contenido principal

Lembranzas do estudante Fernando Castro arredor de Michael Atiyah, ‘un matemático doutro tempo’

Atiyah e Fernando Castro no castelo de Heidelberg
Atiyah e Fernando Castro no castelo de Heidelberg

O graduado en Matemáticas pola USC Fernando Castro Prado é, en palabras dun dos pais de internet, Vint Cerf, un “matemático impuro” que na actualidade estuda o Mestrado en Xenética e Xenómica da USC.

O pasado outono asistiu ao Heidelberg Laureate Forum (HLF), a versión matemática dos célebres Encontros de Lindau. Alí puido interactuar con 200 mozos de todo o mundo e mais con 30 galardoados coa Medalla Fields e os premios Abel, Nobel e Turing, entre eles o recentemente falecido Sir Michael Francis Atiyah, un dos matemáticos máis importantes da segunda metade do XX, que visitou a USC en 2006 convidado polo Programa ConCiencia.

Profesor en Estalmat-Galicia, gañador do XVII Certame Universitario Arquímedes do Ministerio de Ciencia, presidente da asociación nacional de antigos participantes en olimpíadas científicas QuinteScience, Fernando Castro rende unha homenaxe ao profesor Atiyah no artigo ‘ Un matemático doutro tempo’ no que relata as súas experiencias en Heidelberg.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.01.2019.