Pasar al contenido principal

Arranca a décimo terceira edición de XuvenCiencia para espertar a vocación científica dun cento de adolescentes

Este programa que combina ciencia e actividade lúdica desenvólvese no Campus de Lugo. Foto: Xuvenciencia
Este programa que combina ciencia e actividade lúdica desenvólvese no Campus de Lugo. Foto: Xuvenciencia
Durante unha semana participarán en múltiples actividades científicas nas instalacións do Campus de Lugo
Lugo

A décimo terceira edición do Campus de Verán XuvenCiencia, no que participan case un cento de adolescentes de terceiro e cuarto da ESO, primeiro e segundo de BAC e ciclos medios de FP, arrancou este luns e desenvolverase ata o sábado 5 en facultades, centros de investigación e laboratorios do Campus de Lugo da USC.

Como en anos anteriores, o programa inclúe obradoiros prácticos, visitas a centros de investigación da USC en Lugo e doutros puntos da contorna, así como diversas actividades deportivas e de ocio. O estudantado está acompañado en todo momento por monitorado científico cualificado —constituído por estudantes da USC, a partir dun programa específico deseñado desde a Oficina de Voluntariado do Campus de Lugo— e para os seráns e as noitiñas está previsto o programa Lumieira Acompaña, con propostas de lecer.

Os participantes integraranse en proxectos relacionados coas áreas biosanitaria, científica experimental, de ciencias sociais e de humanidades, que se desenvolverán coa guía de persoal docente e investigador e en diferentes centros, laboratorios e en espazos do Campus de Lugo da USC. 

Entre as actividades propostas figuran obradoiros de xornalismo, de análises clínicas, investigación das causas da morte de animais, cociña molecular, a saúde, facer ciencias coas letras, monitarización ambiental, cultivo in vitro de árbores, robots, técnicas ópticas, patóxenos animais, ferramentas de ADN ou comportamento de materiais na construción.
 

Nesta terceira edición participan un centro de adolescentes. Foto. Xuvenciencia
Nesta terceira edición participan un centro de adolescentes. Foto. Xuvenciencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2025.