Pasar al contenido principal

D3Mobile reúne novas promesas ‘STEM’ no Campus Terra da USC

Participantes, organizadores, patrocinadores e autoridades académicas e políticas na gala de entrega de premios D3Mobile2017
Participantes, organizadores, patrocinadores e autoridades académicas e políticas na gala de entrega de premios D3Mobile2017
Estudantes de Andalucía, Galicia e Valencia recollen na EPS de Enxeñaría galardóns dun torneo que tamén premiou equipos de España, Ecuador, Turquía, Colombia e Bulgaria

Os equipos galardoados na D3Mobile Metrology World League 2017, un campionato pioneiro de modelado 3D de precisión teléfono móbil orientado a estudantes preuniversitarios e promovido polo grupo de investigación Cigeo da USC en colaboración coa Fecyt, Fundación Vodafone España, o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Xeográfico Nacional (IGN-CNIG), ademais doutras entidades públicas e privadas, recolleron este venres os seus respectivos premios no marco dunha cerimonia de entrega de agasallos que congregou na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC a docentes e a novas promesas ‘STEM’ (acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) que están a realizar estudos de ESO e BAC en diferentes centros educativos de ensino medio de Galicia Andalucía, e Valencia. A quinta edición deste campionato repartiu tamén diversos galardóns a equipos procedentes doutras localizacións españolas, así como a participantes de Ecuador, Colombia, Turquía e Bulgaria, entre outros países.

A profesora no IES Acci, da localidade granadina de Guadix, Cecilia Fernández López, que actuou como coordinadora do equipo gañador da quinta edición de D3Mobile Metrology World League, recolleu o premio que acredita ao equipo granadino como gañador da última edición do campionato de modelado 3D de precisión con teléfono móbil, convocado polo grupo de investigación Cigeo da USC, patrocinado pola Unesco e que conta con financiación da Xunta de Galicia, Universia, Fundación Comforp, Deputación e Concello de Lugo, entre outros.

Os gañadores da D3Mobile 2017 conseguiron na última proba un error medio inferior a 0,2 mm nas medicións dun modelo 3D de 200 mm de diagonal maior, mentres que no segundo exercicio, elaboraron o modelo 3D dun conxunto de obxetos inspirado en Eschner, artista holandés autor de xeometrías imposibles de base matemática influídas polos mosaicos e estucados da Alhambra. Cada membro deste equipo recibirá un premio tecnolóxico, ademais dunhas gorras autografiadas por Marc Márquez, que apoiou con esta doazón a presente edición do campionato, como o fixeran antes uníndose así a Pau Gasol, Rafa Nadal, Iker Casillas y Máverick Viñales con outros regalos autografiados.

Equipos da Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja (Ecuador) e do Nurettin Dolgun Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, de Agri (Turquía) proclamáronse subcampión e terceiro clasificado, respectivamente, deste torneo. D3Mobile é unha experiencia educativa dirixida a novas promesas STEM, que axuda a que os participantes adquiran diversas competencias del século XXI, en termos da Unesco, e en cuxa edición 2017 tomaron parte 1.476 alumnos e 350 profesores de 268 centros educativos de 44 países.

Un modelo dunha figura da ceramista Carme Romero gaña na categoría Artistas 3D

O equipo FLÛSHD, do CPI A Xunqueira de San Valentín (Fene), formado polos alumnos Mario Bolaño Ameneiro, Óscar González Yáñez e Víctor Graña Martínez, coordinados pola profesora Blanca López Moreno acadou o premio como mellor equipo del mundo na categoría de modelo 3D de maior calidade visual, cunha figura de la ceramista gallega Carme Romero.

O galardón á difusión do labor científico desenvolvido na USC foi para o equipo do IES A Sangriña de A Guarda coordinado Carmen López Fernández, cun modelo 3D duhna caracola, representativo do traballo do seu paisano, o investigador Emilio Rolán Mosquera. Con este premio, a USC convértese na primeira universidade que difunde as súas investigación a través o modelado 3D. Carmen López gañou tamén o premio Fundación Comforp ao profesor español mellor clasificado dun centro no que se imparta automoción.

Modelos 3D inspirados nos obxectivos estratéxicos da Unesco

O premio ‘Estratexias para a educación no mundo’ da Unesco foi para a Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja (Ecuador) por un modelo 3D dun libro. O galardón ‘Estratexias para a ciencia no mundo’ recaeu no CPI a Xunqueira de Fene cun modelo 3D de un Dew Bank, un contenedor deseñado por Pak Kitae para recoller auga de choiva. O IES Quartó de Portmany de Ibiza obtivo o premio ‘Estratexias para o desenvolvemento social, o patrimonio e a cultura no mundo’ por un modelo 3d dunha escultura. Asemade, o premio ‘ Estratexias para a comunicación e a información no mundo’ recaeu tamén nun equipo ecuatoriano da Unidade Educativa Fiscomisional Calasanz de Loja por un modelo 3D de una máquina de escribir.

Difusión internacional da USC, Campus Terra e titulacións da EPS de Enxeñaría

O galardón da D3Mobile orientado a fomentar as competencias dos alumnos na realización dunha campaña de difusión en aras a que o público valore e vote o seu modelo 3D foi, na categoría de metrólogos, para o equipo do Institute of Mathematics and Informatics de Razlog (Bulgaria) formado por Maria Radoslavova Manzurova e Blagoy Radoslavov Manzurov, e coordinado pola profesora Maria Brauchle, gracias a un orixinal vídeo promocional co que deron a coñecer o seu modelo 3D dunha escultura. Na Artistas 3D, o premio foi para outro simpático vídeo e unha campaña en redes sociais dun modelo 3D do maniquí de anatomía humana realizado por estudantes da Unidade Educativa Mariscal Sucrre de Guayaquil.

Gañadores de Galicia, Lugo e Coruña

O premio da Xunta ao mellor equipo galego foi para os participantes do IES Sofía Casanova de Ferrol coordinados por Eva Leira Bouzamayor. Vladímir Shmidt, Pablo López Río, Adrián Carballido Lamas e David Carballido Lamas, catro alumnos do IES Vilar Ponte de Viveiro coordinados por Ana Belén Lamas Lombao, proclamáronse gañadores do premio que outorga a Deputación de Lugo ao mellor equipo da provincia. O Premio Innovación D3Mobile – Concello de A Coruña foi para o equipo do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda formado por Alfredo Chavert Sánchez, Roque Placer Regueira, Alejandro Vázquez López e Diego Moral Fernández, coordinados por Mario Simón García González.

Mujeres científicas/tecnólogas na arquitectura e na enxeñaría

O premio D3Mobile-Fundación Mujeres, que distingue modelos representativos dunha científica/tecnóloga de éxito nos campos da enxeñaría/arquitectura, foi para o dúo do IES Iturrama de Pamplona formado por Irene Salvoch e Iker Alfonso, coa titoría de Miren Josune Ballarena Urroz, por un modelo 3D sobre Margaret Knight.

Outros premiados

Completan a lista de premiados os alumnos Pablo Català Gutiérrez, Carles Quilis Alfonso, Mireia Torregrosa Palau, Alex Bonifacio Gomar, Andrea Navarro Català, Sara Orts Expósito, Gemma Gil Boronat e Nadia Seguí Fuste, do IES Manuel Sanchis Guarner de Castelló De Rugat (Valencia), coordinados polo profesor debutante mellor clasificado, Joan Gregori Costa. Os alumnos CCEE Reyes Católicos de Bogotá (Colombia) Natalie Johanna Acosta Luna, Alejandro Martínez Correal e Jaime Alejandro Moyano González, coordinados por Julio Manuel Pérez Fraile; os alumnos Andres Felipe Colmenares Colmenares, Camilo Alejandro Perez Niño e Juana Angel Peñuela, do Colegio Usaquén Institución Educativa Distrital De Bogotá (Colombia), coordinados pola profesora Ruth Ángela Cortes Rozo, tamén resultaron galardonados neste certame, no que Antonio Manuel Díaz Rodríguez, do IES Bartolomé Pérez Casas de Lorca (Murcia) obtivo o premio ao profesor veterano mellor clasificado do mundo.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu a cerimonia de entrega de premios da V D3 Mobile Metrology World League, no marco dun acto no que tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a deputada provincial Pilar García Porto; o director do Servizo Rexional do Instituto Xeográfico Nacional, Pablo Carballo; o subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación de Profesorado, Manuel Vila; a coordinadora do grupo de investigación Giceo da USC, Mariluz Gil Docampo, e o tamén profesor na EPSE e director do proxecto D3mobile, Juan Ortiz. Esta cerimonia de entrega de premios serviu asemade de foro acaído para botar a andar a D3Mobile 2018.

Imaxes de gañadores e autoridades que participaron na gala de entrega de premios de D3Mobile2017

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.10.2017.