Medicina homenaxe a Andrés Beiras Iglesias, Francisco Javier Jorge Barreiro e Mª Luz Nogueira Carballedo con motivo da súa xubilación
Un acto homenaxe con motivo da xubilación dos profesores Andrés Beiras Iglesias e Francisco Javier Jorge Barreiro e da profesora Mª Luz Nogueira Carballedo reunirá este venres 6 no Hostal dos Reis Católicos a máis dun cento de compañeiros e compañeiras destes docentes que inician unha nova etapa fóra das aulas.
A sesión consistirá nunha cea no Salón Real promovida polo Departamento de Ciencias Morfolóxicas e que comezará ás 21.30 horas coas palabras do director do Departamento, José Luis Labandeira, e na que tamén intervirán José Carro Otero en representación da Área de Anatomía e Tomás García Caballero na de Histoloxía e ás que os/a homenaxeados estiveron vinculados ao longo da súa traxectoria académica. No mesmo acto farase entrega dunha placa conmemorativa aos tres docentes.