Pasar al contenido principal

Xuntanza na USC cos equipos directivos e de orientación de centros de ensino medio de Galicia

Equipos directivos e de orientación de numerosos centros de ensino medio de Galicia reuniranse este martes 17 con responsables da USC, nunha xuntanza organizada polo programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’.

O acto presidirao ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o reitor Viaño, que estará acompañado pola vicerreitora de Comunicación e Coordinación, Rosa Crujeiras; o concelleiro de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago, Manuel Dios; a adxunta á vicerreitora de Internacionalización, María Loureiro; o delegado do Reitor para o Ensino Medio, Luis Hervella, e o responsable do Programa A Ponte no Campus de Lugo, Javier González.

Como en anos anteriores, trataranse temas de importancia para o estudantado que cursa o último ano de ensino secundario como visitas aos centros, charlas temáticas, programas de bolsas e axudas, titulacións e probas de acceso a universidade. Ademais, nesta xuntanza a profesora María Loureiro falará dos 30 anos do Programa Erasmus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2017.