Pasar al contenido principal

A mostra ‘Caminhos do ferro e da prata’ inaugúrase oficialmente este martes na Igrexa da Universidade

Da innegable importancia histórica da construción da liña férrea do Douro e do Miño dá conta unha exposición fotográfica que este martes 17 se inaugura oficialmente ás 19.00 horas na Igrexa da Universidade coa asistencia da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez.

Con documentos dun dos pioneiros da fototipia en Portugal, Emílio Biel, datados en 1887, a beleza das imaxes, o percorrido ao longo do río Douro, os aspectos históricos e etnográficos, o carácter da rexión, a arquitectura e as tradicións da zona fan desta colección fotográfica un conxunto único.

‘Caminhos do ferro e da prata. Linhas do Douro e do Minho’ poderá visitarse ata o 29 de novembro de martes a sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas e o domingo en horario de mañá. A mostra é unha produción do Museu de Lamego coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Rexión Norte de Portugal e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2017.