Pasar al contenido principal

A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros

A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros
A Oficina de Cursos Internacionais busca familias compostelás que acollan estudantes estranxeiros

A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago coordina un programa de aloxamento en familias para os alumnos estranxeiros que veñen estudar a Compostela en distintos períodos ao longo de todo o ano.

Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa ou media pensión. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía. A localización do aloxamento debe ser en Santiago cidade.

As familias interesadas deben poñerse en contacto coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur). Tel: 881814497. E.mail: cursos.internacionales [at] usc.es (cursos[dot]internacionales[at]usc[dot]es) (Á atención de Lola).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.10.2017.