Pasar al contenido principal

O Campus Terra da USC organiza os días 23 e 24 de outubro dúas xornadas sobre orientación laboral para futuros veterinarios

As sesións, para as que xa está aberta a inscrición, celebraranse na Aula 2 da Facultade de Veterinaria a partir das 18.15 horas

A aula 2 da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC acollerá os vindeiros 23 e 24 de outubro dúas xornadas sobre orientación laboral destinada a futuros/as veterinarios/as nas que se tratará de abordarán as diferentes saídas laborais ás que poderán optar unha vez teñan rematado o grao. As distintas sesións programadas desenvolveranse en quenda de tarde, a partir das 18.15 horas.

Nas xornadas, cuxa inscrición pode realizarse de balde a través dos formularios habilitados nas portas das aulas, profesionais de diferentes sectores explicarán a función do/a veterinario/a en diversos eidos, analizarán a situación do mercado laboral, así como cales son os requirimentos necesarios para acceder ás diferentes saídas laborais.

As sesións do día 23 xirarán en torno ao ‘veterinario máis alá da clínica’, e nelas intervirán Jon Stanford, en representación da empresa Eville & Jons, para falar de seguridade alimentaria e saúde pública; Pascual Rey de CZ Veterinaria, quen abordará as cuestións relativas ao eido da Biotecnoloxía; e Berta García de Coren, quen falará das saídas laborais nas explotacións de porcino.

Na xornada do 24 de outubro, Patricia Daporta Padín da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia analizará o rol do veterinario na función pública; mentres que a responsable da Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, Gloria Cruz, pronunciará o relatorio ‘Como prepararse para unha oferta de traballo’.

Ao remate de cada unha das sesións, celebrarase unha mesa redonda na que se agarda que os asistentes podan consultar todas as súas dúbidas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.10.2017.