O reitor imporalle a Insignia Fonseca a 85 integrantes do cadro de persoal da USC
É unha distinción que recoñece a traballadoras e traballadores con máis de 30 anos de dedicación á institución
O reitor Juan Viaño presidirá o acto de imposición das Insignias Fonseca a 85 integrantes dos cadros de persoal docente e investigador e de administración e servizos. A sesión protocolaria celebrarase este venres 20 ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Esta Insignia é unha distinción outorgada ás traballadoras e traballadores que prestaron servizos á institución durante máis de 30 anos en dedicación exclusiva ou por tempo equivalente e que tiveran cumpridos sesenta anos, no caso do persoal de administración e servizos, ou sesenta e cinco, no do persoal docente.