Pasar al contenido principal

O iHUS impulsa o primeiro seminario sobre Humanidades Enerxéticas

Cartel do evento
Cartel do evento
O foro que terá lugar o 16 de setembro, pecha a súa inscrición o 10 deste mes
Santiago de Compostela

O Instituto de Humanidades da USC (iHUS) organiza a primeira edición do Seminario sobre Humanidades Enerxéticas, cuxo prazo de inscrición remata o 10 de setembro e pode formalizarse a través dun formulario en liña. A actividade, aliñada coa primeira e terceira prioridade investigadora da axenda científica do iHUS (antropoceno, benestar e xustiza; e  identidades, cambio global e mobilidades), foi promovida por Jorge Sacido Romero, membro da Comisión de Investigación do iHUS, como parte do plan de formación e investigación do centro. O seminario desenvolverase o 16 de setembro e terá lugar no Centro de Estudos Avanzandos da USC (Parque de Vista Alegre s/n). 

O evento pon o foco nas Humanidades Enerxéticas, un campo de estudo emerxente que trata de investigar “o noso modelo cultural, social e vital en relación co consumo enerxético, así como os futuros desafíos e o noso xeito de enfrontarnos a eles a través das artes”, explican dende a organización do foro. Todas aquelas persoas que asistan a un mínimo do 80% das horas terán dereito a recibir un certificado de asistencia. Ante calquera dúbida, pódese contactar con Jorge Rodríguez (jorge.rodriguez.duran [at] usc.es (jorge[dot]rodriguez[dot]duran[at]usc[dot]es)) ou con Jorge Sacido (jorge.sacido [at] usc.es (jorge[dot]sacido[at]usc[dot]es)). 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.09.2025.